UCC+i da UVigo

By: Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo
  • Summary

  • A UCC+i da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta”, pon en marcha este podcast para pór en valor o labor investigador da universidade, e establecer unha canle de comunicación accesible e activa entre a institución e a cidadanía.

    O obxectivo xeral do proxecto, é a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación entre os diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía.

    O concepto “ida e volta” trata de exemplificar o movemento circular da ciencia, como as investigación científicas poden aplicarse na sociedade e mellorar a súa contorna e como a sociedade pode promover novos retos, novas ideas ou axudar e complementar estes estudos. A unión de ambos consegue que a ciencia teña sentido, que se poida seguir investigando e que se poidan aplicar os avances no día a día.
    Universidade de Vigo
    Show more Show less
activate_Holiday_promo_in_buybox_DT_T2
Episodes
  • Saúde IV. Dálle ritmo! - Parte II
    May 7 2024
    Segunda parte do podcast gravado no IES Mendiño, para afondar na relación da saúde cardiovascular co deporte e coa alimentación cos expertos da Universidade de Vigo:
    Federico Mallo Ferrer. Catedrático de Fisioloxía e Endocrinoloxía da Universidade de Vigo.
    Javier Prieto Troncoso. Investigador da Universidade de Vigo en Endocrinoloxía e Fisioloxía do Exercicio.
    Hugo Ogando Berea. Investigador da Universidade de Vigo en Endocrinoloxía e Fisioloxía do Exercicio.
    Aprender a darlle ritmo ao corazón, a modernización das teorías ao redor do exercicio ou os hábitos desexables para cada idade, forman parte desta agradable xornada!

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

    Agradecementos ao departamento de Bioloxía e, en xeral, á toda a comunidade educativa do IES Mendiño.
    Show more Show less
    44 mins
  • Saúde IV. Dálle ritmo! - Parte I
    Apr 30 2024
    Unha conversa para afondar na relación da saúde cardiovascular co deporte e coa alimentación cos expertos da Universidade de Vigo:
    Federico Mallo Ferrer. Catedrático de Fisioloxía e Endocrinoloxía da Universidade de Vigo.
    Javier Prieto Troncoso. Investigador da Universidade de Vigo en Endocrinoloxía e Fisioloxía do Exercicio.
    Hugo Ogando Berea. Investigador da Universidade de Vigo en Endocrinoloxía e Fisioloxía do Exercicio.
    Aprender a darlle ritmo ao corazón, a modernización das teorías ao redor do exercicio ou os hábitos desexables para cada idade, forman parte desta agradable xornada!

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

    Agradecementos ao departamento de Bioloxía e, en xeral, á toda a comunidade educativa do IES Mendiño.
    Show more Show less
    29 mins
  • Auga V. Turismo Termal
    Apr 25 2024
    Conversa coa investigadora Elisa Alén González, docente na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, sobre a importancia da auga, do seu atractivo turístico e da evolución do turismo termal.
    A historia do termalismo, o cambio de paradigmas do turismo, a especialización da oferta turística relacionada coa auga ou a articulación de oferta combinada con outros productos ou servizos son algúns dos temas abordados neste capítulo.

    Un podcast conducido polo xornalista Gabri Fuentes Míguez, co gallo do Día Mundial da Auga, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan Anual de Actividades “Ciencia de Ida e Volta” que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

    Show more Show less
    22 mins

What listeners say about UCC+i da UVigo

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.