O PROGRAMA DO SERGAS "CON COIDADO" CHEGA O VENRES 23 DE MAIO A PONTE CALDELAS E EN SETEMBRO ESTARÁ NA LAMA Podcast Por  arte de portada

O PROGRAMA DO SERGAS "CON COIDADO" CHEGA O VENRES 23 DE MAIO A PONTE CALDELAS E EN SETEMBRO ESTARÁ NA LAMA

O PROGRAMA DO SERGAS "CON COIDADO" CHEGA O VENRES 23 DE MAIO A PONTE CALDELAS E EN SETEMBRO ESTARÁ NA LAMA

Escúchala gratis

Ver detalles del espectáculo

Acerca de esta escucha

No programa matinal de RADIO NOVA, Antón Xil entrevistou a Toni Sobral e Alba Guerrero, dous enfermeiros responsables de poñer en marcha o programa "CON COIDADO" do Sergas, iniciativa formativa especialmente orientada cara coidadores de persoas dependentes e tamén para persoas dependentes. Realizarase en 4 sesións, os venres 23 e 30 de maio e 6 e 13 de xuño de 16:30 a 18:30 horas na Casa da Cultura de Ponte Caldelas. Para participar haise que inscribir previamente no Concello. Segundo Toni Sobral e Alba Guerrero, a dependencia supón un gran reto, especialmente para as persoas que coidan e para facer fronte a este desafío xorde "CON COIDADO", un programa formativo dirixido aos coidadores de persoas dependentes. Este programa ten previsto extenderse pola contorna e no caso concreto do municipio da Lama os organizadores, os responsables do Centro de Saúde da Lama e o Concello da Lama están barallando o mes de setembro como mellor data para acollelo.
Todavía no hay opiniones