Episodios

  • Ent. Gilberto Gómez, obispo de Abancay en Perú | Elección do novo Papa
    May 9 2025
    Gilberto Gómez é obispo de Abancay, en Perú, un país no que coincidiu co novo Papa, León XIV, nos anos 80. Con el conversamos hoxe sobre como recibiu a nova da elección de Robert Prevost como novo pontífice e sobre que liña seguirá durante o seu papado.
    Más Menos
    10 m
  • Ent. Javier Niño, coodinador técnico do CB Tui | Final de temporada e campamentos de verán
    May 9 2025
    O equipo senior do CB Tui xoga mañá, ás 20.00 horas o último partido ante o Seis do Nadal no pavillón municipal e para o que precisan a vitoria para manterse na categoría. Deste encontro falamos hoxe co coodinador técnico do club, Javier Niño, que tamén deu conta dos campamentos de verán que desenvolve a entidade e que terán lugar do 23 ao 28 de xuño.
    Más Menos
    4 m
  • Ent. Pablo Rodríguez, presidente do Club Balonmán Tui e Jacobo Gregores, adestrador do equipo senior| Final a 4
    May 9 2025
    O equipo senior masculino do Club Balonmán Tui loitará esta fin de semana por ascender a Primeira Autonómica. Este sábado, ás 20.00 horas enfrontaranse ao Reizentolo Lavadores Vigo B na Final a 4 que durante o sábado e o domingo dispútase no pavillón municipal Gustavo Rodríguez de Tui. Hoxe o presidente do club, Pablo Rodríguez, e o adestrador, Jacobo Gregores, fixeron balance da temporada do equipo e de como se vai a desenvolver esta competición.
    Más Menos
    8 m
  • Ent. Ent. Marina Carvalho, de Celtas do Minho | Andainas Saudables da Eurocidade Trilho Entre Viñas e Vales
    May 8 2025
    Este domjngo comeza o ciclo de andainas saudables organizado pola Eurocidade Tui- Valença. A primeira cita será o Trilho Entre Viñas e Vales, unha caminata de 7 quilómetros que sairá ás 9.00h (hora portuguesa) da Igrexa Ganfei, en Valença. Desta cita e das vindeiras conversamos hoxe con Marina Carvalho, de Celtas do Minho.
    Más Menos
    6 m
  • Ent. Neli Rodríguez, responsable de Cruz Vermella no Baixo Miño | Día de Cruz Vermella
    May 8 2025
    Cruz Vermella atendeu a máis de 1329 persoas na comarca do Baixo Miño no pasado ano 2024, coa colaboración de 46 voluntarios activos e o apoio de máis de 800 socios. Estes datos forman parte do balance anual que realiza a institución polo Día Mundial de Cruz Vermella, que se conmemora hoxe 8 de maio. Neli Rodríguez é a responsable de Cruz Vermella no Baixo Miño. Con ela coñecemos máis detalles dos programas que realizan na comarca.
    Más Menos
    6 m
  • Ent. Begoña Santamaría, responsable de enoturismo de Terras Gauda | O Latexar de Terras Gauda
    May 8 2025
    O sábado 31 de maio, a partir das 20.00 horas celebrarase "O Latexar de Terras Gauda", na sede da bodega, un evento que fusiona viño, música e arte e que estará presentado pola xornalista Esther Estévez. Begoña Santamaría, responsable de enoturismo de Terras Gauda deu hoxe todos os detalles desta cita organizada pola bodega.
    Más Menos
    7 m
  • Ent. Laura Martínez - Presentación da novela "El baúl de la República"en Tui en Letras
    May 7 2025
    A xornalista mexicana afinacada en España Laura Martínez, presenta hoxe mércores ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez a súa primeira novela "El baúl de la República". Está inspirada na primeira viaxe que o Sinaia realizou a México e no que ían case 1.600 persoas. Hoxe Laura Martínez contounos que un dos pasaxeiros era o tudense Eugenio Menéndez, anunciaba tamén que esta tarde a presentación traerá un dos 18 número do xornal editado a bordo do Sinaia e outras sorpresas.
    Más Menos
    7 m
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Comezo da 21ª Edición do Festival Internacional de Cinema de Tui
    May 7 2025
    Quedan unhas horas para que de comezo a 21ª Edición do Festival Internacional de Cinema de Tui, Play Doc coa actuación musical de Su Garrido Pombo ás 20.30 h e a proxección de “Queres saír podes entrar” ás 22.30 horas no Teatro Municipal. Con Ángel Sánchez, codirector do festival conversamos sobre a evolución do festival ao longo destas dúas décadas e das diversas actividades que se desenvolverán durante estas xornadas.
    Más Menos
    9 m
adbl_web_global_use_to_activate_webcro805_stickypopup